×
Compartir
Diario 17.07.2023

“Forte imaxinación produce acontecemento”

“Forte imaxinación produce acontecemento” é unha frase que lle escoitei á artista Idoia Zabaleta que sempre regresa á miña cabeza cando participo dun proceso de mediación.



Para leer el texto en castellano pulsa aquí.

Pasar tempo xuntas, imaxinar de xeito colectivo e producir desexos comúns son procesos sociais e políticos, que producen comunidade, futuro e acontecemento

Terra Común está xerando un contexto, a través do proceso de mediación,  para que a veciñanza de Couso, a través das xuntanzas mensuais, poida coñecerse e fortalecer a comunidade tecendo lazos a través da composición de saberes novos e da ideación de futuros posibles para a obra de arte que estamos a imaxinar xuntas. 

No mes de xuño, e despois dun espazo de encontro internacional que nos permitiu tomar perspectiva e coñecer os proxectos que se están a desenvolver dentro do marco Europeo 'Art Living for Sustainability', desenvolvemos dúas xuntanzas. A primeira, coa comunidade educativa do CRA Antía Cal (Escola Infantil de Couso) e a segunda coa veciñanza de Couso. 

A Escola Infantil de Couso Antía Cal é unha escola pública do Concello de Gondomar que forma parte dun grupo de escolas infantiles que aplican o método Montessori- desde a escola pública- en diferentes parroquias de Gondomar. No CRA de Couso hai  once familias e once crianzas, das que só tres son de Couso e o resto veñen doutras parroquias de Gondomar. 

As familias apostan por traer ás crianzas a Couso pola metodoloxía da escola, Montessori pero, sobre todo, pola súa ubicación aos pes dos Montes de Couso e a súa inmersión na natureza e nos valores que esta produce, algo que, agardan, perdure no imaxinario futuro das nenas e os nenos. 

Existe unha preocupación nas familias sobre o futuro da escola, xa que precisan de un mínimo de sete familias para a súa continuidade. Este é un tema que se debe ter en conta á hora de imaxinar a obra de arte para os Montes de Couso, o relevo xeracional e a fixación da poboación no territorio; tema que tamén puxo sobre a mesa a Comunidade de Montes. Isto tradúcese na necesidade de por en valor os Montes de Couso, o seu proxecto como montes en mancomún, o seu valor como comunidade e o seu obxectivo de autosuficiencia. 

As familias propoñen que a Comunidade de Montes asine un convenio anual de colaboración co CRA de Couso. A idea é dotar de maior valor ao proxecto da escola, visibilizando máis e mellor a súa situación privilexiada, e dotala da singularidade da colaboración coa Comunidade de Montes a través de programas como plantacións ou seguimento dos ciclos de reproducción animal como os cabezolos. 

Un dos encontros coa comunidade de Montes de Couso, que tivo lugar en Galicia a finais de maio. © Andreia Iglesias
Un dos encontros coa comunidade de Montes de Couso, que tivo lugar en Galicia a finais de maio. © Andreia Iglesias

Na actualidade as familias usan os montes de Couso para pasear e visitar os proxectos que xa existen como o Bosque da Memoria. Para o futuro, imaxinan que Montes de Couso poida ser unha fonte productiva para a comarca a nivel de productividad e danlle moita relevancia ao seu valor cultural. 

Unha segunda xuntanza, esa mesma tarde, con un grupo de veciñas e veciños de Couso comeza a achegarse a decisións máis comprometidas co encargo deste proceso de mediación. Facémonos dúas preguntas, a primeira é imaxinar ¿Para quen? queremos facer a peza, a obra de arte, a intervención artística etc. a quen queremos dirixirnos e a segunda ¿Para que? Que buscamos? ¿Que problema, de todos os que foron detectando, queren abordar a través do encargo artístico? 

Hai un longo debate, a través da metodoloxía de world café, é decir grupos pequenos de discusión. Este debate conclúe en que precisan visibilizar o proxecto de Montes de Couso fóra da propia comunidade, no territorio da comarca, pero tamén fóra á vez que fortalecen a autoestima comuneira e veciñal. 

Couso é unha comunidade de Montes recoñecida no mundo, reciben visitas regulares de diferentes países do mundo. Sen embargo son visitas de persoas vinculadas ao tema dos comúns, das comunidades de montes etc. persoal académico, investigador, outros comuneiros/as etc. Senten que deben chegar ao gran público, para poñer no centro o valor do procomún, dos montes comunais, da xestión comunitaria e todos os valores que atravesan este proxecto. Nunha época de decrecemento, como a que estamos vivindo, precisamos poñer en valor e situar no mapa este tipo de recursos para os futuros da vida interespecie. 

Imaxinan unha peza de arte para a veciñanza de Couso, tanto para a súa mocidade como para as persoas maiores e as persoas cercanas ao monte, que permita sentir orgullo de pertenza a esa comunidade e darlle visibilidade no mundo. Imaxinan unha peza que poña en valor o seu proxecto, os propios Montes de Couso e a comunidade que os xestiona. 

Queren producir orgullo para evitar exilio e fomentar o arraigo

Xorden dúas ideas, unha completar, a través dunha solución artística baseada na natureza, o Bosque da Lingua e outra, con moita máis potencia e autonomía, producir un documental que recolla a memoria, o presente pero tamén as potencias futuras dos Montes de Couso. 

Imaxinan un espazo de encontro, un espazo de debate, de expresión reivindicativa e de posta en valor dos Montes Comunais que recolla os cambios na xeografía, os cambios sociais, económicos, os saberes perdidos etc. Un proxecto artístico vinculado á memoria, á productividade do monte nun intento de seguir a manter a súa presenza e prestixio como Comunidade de Montes. 

Imaxinan unha proposta única e singular, móvil, que permita levar Couso polo mundo, con un compoñente educativo, de ocio e lecer, pero tamén pensando no turismo e no coñecemento dos Montes de Couso.

Vémonos de novo en setembro, despois do verán, aproveitaremos para seleccionar varios exemplos de obras artísticas inspiradoras e para realizar a proposta de artista para que, no mes de outubro podíamos escribir a carta de encargo. 

Que teñades bo verán!!!

Versión en castellano.

“Fuerte imaginación produce acontecimiento” es una frase que le escuché a la artista Idoia Zabaleta que siempre regresa a mi cabeza cuando participo de un proceso de mediación.

Pasar tiempo juntas, imaginar de manera colectiva y producir deseos comunes son procesos sociales y políticos, que producen comunidad, futuro y acontecimiento

Tierra Común está generando un contexto, a través del proceso de mediación, para que el vecindario de Couso, a través de las reuniones mensuales, pueda conocerse y fortalecer la comunidad tejiendo lazos a través de la composición de saber nuevos y de la ideación de futuros posibles para la obra de arte que estamos imaginando juntas. 

En el mes de junio, y después de un espacio de encuentro internacional que nos permitió tomar perspectiva y conocer los proyectos que se están desarrollando dentro del marco Europeo ‘Art Living for Sustainability’, desarrollamos dos reuniones. La primera, con la comunidad educativa del CRA Antía Cal (Escuela Infantil de Couso) y la segunda con el vecindario de Couso. 

La Escola Infantil de Couso Antía Cal es una escuela pública del Ayuntamiento de Gondomar que forma parte de un grupo de escuelas infantiles que aplican el método Montessori -desde la escuela pública- en diferentes parroquias de Gondomar. En el CRA de Couso hay once familias y once crianzas, de las que solo tres son de Couso y el resto vienen de otras parroquias de Gondomar. 

Las familias apuestan por traer a las crianzas a Couso por la metodología de la escuela Montessori pero, sobre todo, por su ubicación a los pies de los Montes de Couso y su inmersión en la naturaleza y en los valores que esta produce, algo que, esperan, perdure en el imaginario futuro de las niñas y los niños

Existe una preocupación en las familias sobre el futuro de la escuela, ya que precisan de un mínimo de siete familias para su continuidad. Este es un tema que se debe tener en cuenta a la hora de imaginar la obra de arte para los Montes de Couso, el relevo generacional y la fijación de la población en el territorio; tema que también puso sobre la mesa la Comunidad de Montes. Esto se traduce en la necesidad de poner en valor los Montes de Couso, su proyecto como montes en mancomún, su valor como comunidad y su objetivo de autosuficiencia. 

Las familias proponen que la Comunidad de Montes firme un convenio anual de colaboración con el CRA de Couso. La idea es dotar de mayor valor al proyecto de la escuela, visibilizando más y mejor su situación privilegiada, y dotarla de la singularidad de la colaboración con la Comunidad de Montes a través de programas como plantaciones o seguimiento de los ciclos de reproducción animal como los renacuajos. 

Uno de los encuentros con la comunidad de Montes de Couso, que tuvo lugar en Galicia a finales de mayo. © Andreia Iglesias
Uno de los encuentros con la comunidad de Montes de Couso, que tuvo lugar en Galicia a finales de mayo. © Andreia Iglesias

En la actualidad las familias usan los montes de Couso para pasear y visitar los proyectos que ya existen como el Bosque de la Memoria. Para el futuro, imaginan que Montes de Couso pueda ser una fuente productiva para la comarca a nivel de productividad y le dan mucha relevancia a su valor cultural. 

Una segunda reunión, esa misma tarde, con un grupo de vecinas y vecinos de Couso comienza a acercarse a decisiones más comprometidas con el encargo de este proceso de mediación. Nos hacemos dos preguntas, la primera es imaginar para quién queremos hacer la pieza, la obra de arte, la intervención artística. ¿A quién queremos dirigirnos? Y, la segunda, ¿para qué? ¿qué buscamos? ¿Qué problema, de todos los que fueron detectando, quieren abordar a través del encargo artístico? 

Hay un largo debate, a través de la metodología de ‘world café’, es decir, grupos pequeños de discusión. Este debate concluye en que precisan visibilizar el proyecto de Montes de Couso había sido fuera de la propia comunidad, en el territorio de la comarca, pero también fuera, al tiempo que fortalecen la autoestima comunera y vecinal. 

Couso es una comunidad de Montes reconocida en el mundo, reciben visitas regulares de diferentes países del mundo. Sin embargo, son visitas de personas vinculadas al tema de los comunes, de las comunidades de montes etc. personal académico, investigador, otros comuneros/as, entre otros. Sienten que deben llegar al gran público, para poner en el centro el valor del procomún, de los montes comunales, de la gestión comunitaria y todos los valores que atraviesan este proyecto. En una época de decrecimiento, como la que estamos viviendo, precisamos poner en valor y situar en el mapa este tipo de recursos para los futuros de la vida interespecie. 

Imaginan una pieza de arte para el vecindario de Couso, tanto para su juventud como para las personas mayores y a las personas cercanas al monte, que permita sentir orgullo de pertenencia a esa comunidad y darle visibilidad en el mundo. Imaginan una pieza que ponga en valor su proyecto, los propios Montes de Couso y la comunidad que los gestiona.

Quieren producir orgullo para evitar exilio y fomentar lo arraigo. 

Surgen dos ideas, una completar, a través de una solución artística basada en la naturaleza, el Bosque de la Lengua y otra, con mucha más potencia y autonomía, producir un documental que recoja la memoria, el presente pero también las potencias futuras de los Montes de Couso. 

Imaginan un espacio de encuentro, un espacio de debate, de expresión reivindicativa y de puesta en valor de los Montes Comunales que recoja los cambios en la geografía, los cambios sociales, económicos, los saberes perdidos, etc. Un proyecto artístico vinculado a la memoria, a la productividad del monte en un intento de seguir manteniendo su presencia y prestigio como Comunidad de Montes. 

Imaginan una propuesta única y singular, móvil, que permita llevar a Couso por el mundo, con un componente educativo, de ocio y recreo, pero también pensando en el turismo y en el conocimiento de los Montes de Couso. 

Nos vemos de nuevo en septiembre, después del verano, aprovecharemos para seleccionar varios ejemplos de obras artísticas inspiradoras para realizar la propuesta de artista para que, en el mes de octubre, podamos escribir la carta de encargo. 

¡¡Que tengáis buen verano!!

Consulta la galería de fotos de la ruta comunal aquí.