×
Compartir
Reflexion 21.07.2020

Un intento de situar a cidadanía no centro da creación contemporánea

Publicado un artigo de investigación.



Versión en castellano

A revista científica Casa dos Espellos ven de publicar "Un intento de situar a cidadanía no centro da creación contemporánea", unha reflexión sobre o intento de abrir marcos de participación na arte a través da metodoloxía Investigación-Creación-Participativa que se está a desenvolver de xeito experimental en Betanzos, dentro do proxecto Concomitentes.

O texto reflexiona sobre alcances, dúbidas e tensións para abrir un debate co que pensar que dispositivos favorecen que a cidadanía poida resituarse no centro dos procesos de creación contemporánea. O artigo escrito por Fran Quiroga, mediador do proxecto en Betanzos, analiza o proxecto “Legado Coidado”, que, ademais de entenderse como un espazo participativo de creación é tamén un experimento, unha sorte de laboratorio de creación, un lugar de aprendizaxe colectiva e tamén unha metainvestigación que se produce a partir dunha praxe.Pode accederse ao artigo descargadoo dende aquí ou a través deste link, onde accederás a todo o número.

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega é unha revista de carácter científico, onde, tal e como sinala procurarn que "teñan cabida moitos deses traballos que nos aporten novas visións sobre todo o mundo que xira baixo os nosos pés. Novos puntos de vista e novas formas de narrar todo o que está a acontecer".

Versión en castellano

La revista científica Casa dos Espellos acaba de publicar "Un intento de situar la ciudadanía en el centro de la creación contemporánea", una reflexión sobre el intento de abrir marcos para la participación en el arte a través de la metodología de Investigación-Creación-Participativa, que se está desarrollando de manera experimental en el proyecto piloto de Concomitentes en Betanzos.

El texto reflexiona sobre alcances, dudas y tensiones para abrir un debate con el que pensar en dispositivos que favorezcan que la ciudadanía pueda reubicarse en el centro de los procesos de creación contemporánea. El artículo de Fran Quiroga, mediador del proyecto en Betanzos, analiza su proyecto “Legado Cuidado” que, además de entenderse como un espacio participativo de creación, se posiciona también como una especie de laboratorio de creación, un lugar de aprendizaje colectivo y también una metainvestigación que se realiza desde una práctica. Accede al artículo descargado desde  aquí, a través de este enlace, donde accederás al número completo.

Casa dos Espellos: Es una revista científica de la cultura gallega, donde, según apunta, intentarán "dar cabida a muchas de estas obras que nos traen nuevas visiones del mundo que gira bajo nuestros pies. Nuevos puntos de vista y nuevas formas de narrar todo lo que está sucediendo".