×
Copiar URL
Diario 21.07.2020

Un intento de situar a cidadanía no centro da creación contemporánea

Publicado un artigo de investigación



A revista científica Casa dos Espellos ven de publicar "Un intento de situar a cidadanía no centro da creación contemporánea", unha reflexión sobre o intento de abrir marcos de participación na arte a través da metodoloxía Investigación-Creación-Participativa que se está a desenvolver de xeito experimental en Betanzos, dentro do proxecto Concomitentes. O texto reflexiona sobre alcances, dúbidas e tensións para abrir un debate co que pensar que dispositivos favorecen que a cidadanía poida resituarse no centro dos procesos de creación contemporánea.

O artigo escrito por Fran Quiroga, mediador do proxecto en Betanzos, analiza o proxecto “Legado Coidado”, que, ademais de entenderse como un espazo participativo de creación é tamén un experimento, unha sorte de laboratorio de creación, un lugar de aprendizaxe colectiva e tamén unha metainvestigación que se produce a partir dunha praxe.

Pode accederse ao artigo descargadoo dende aquí ou a través deste link, onde accederás a todo o número https://casadosespellos.wordpress.com/2020/07/20/casa-dos-espellos-3-2020/ ou

A Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega é unha revista de carácter científico, onde, tal e como sinala procurarn que "teñan cabida moitos deses traballos que nos aporten novas visións sobre todo o mundo que xira baixo os nosos pés. Novos puntos de vista e novas formas de narrar todo o que está a acontecer."