×
Compartir
Diario 04.04.2023

A paisaxe, é, en si mesmo, artístico

O encontro tivo lugar o pasado 30 de marzo, e déronse citas integrantes de Montes de Couso coa mediadora e coordinador de Concomitentes.



Para ver el texto en castellano pulsa aquí.

A finais de marzo de 2023 iniciamos o proceso de mediación de Montes de Couso, inaugurada xa a primavera, nun día de vento e choiva, nesa marabilla de lugar que é a Casa Veciñal de Couso, un espazo autoxestionado e construído pola comunidade de montes, como tantos outros recursos do lugar. 

A pesar de que a convocatoria é tarde, ás 18.00hrs, e que o día non axuda, máis de vinte persoas participan no primeiro encontro, unha comunidade diversa e inclusiva na que mulleres e homes participan, maiores e novos, máis ou menos involucrados pero todas e todos comuneiras e comuneiros, agora comitentes deste proceso de Terra Común. Dos 20 aos 80, todas as xeracións participan deste proxecto transversal, que produce unha forma de vida en comunidade que aspira á autosuficiencia para a vida en común. 

Iniciamos o encontro celebrando o arranque dun proceso ilusionante, xunto a Fran Quiroga, coordinador do proxecto Concomitentes, que ten un especial vínculo cos montes comunais, por todo o seu traballo ao redor dos comúns e, en especial, dos montes comunais. Eu mesma crecín e vivín ao redor do mundo da madeira. 

O comitente, Xosé Antonio Araúxo, de Montes de Couso durante a súa exposición. © Andreia Iglesias
O comitente, Xosé Antonio Araúxo, de Montes de Couso durante a súa exposición. © Andreia Iglesias

Tras presentar o proxecto europeo no que se enmarca Terra Común, así como o proxecto de Concomitentes, con algúns exemplos dos outros proxectos que se están desenvolvendo en todo o estado, iniciamos a presentación de Terra Común e dos retos que nos esperan, do camiño que temos que percorrer xuntas e do calendario que temos por diante. Non hai dúbidas. Hai ganas. 

Iniciamos a conversación falando dos seus vínculos co monte, con Montes de Couso e se hai algo que atravesa a conversación é que o monte forma parte da súa vida de forma diaria, é o seu espazo de lecer, esparexemento, pero tamén é unha fonte de riqueza tanto alimentaria, polos froitos e alimentos que produce, como pola economía que distribúe entre as comuneiras e comuneiros. Lonxe de imaxinar e proxectar a explotación das súas terras comúns reflexionan sobre a súa sustentabilidade, a súa multifuncionalidade para poder ser autosuficientes e xerar recursos para todos, coidando o planeta e, de paso, a súa Terra Común. Pensan o monte desde unha perspectiva económica, pero tamén social, sempre tendo en mente a conservación do medio ambiente e o cambio climático.

O seu gran obxectivo é mellorar a vida da xente a través da comunidade de montes, xerando un espazo de alimentación, creando postos de traballo, impulsando un espazo para gozar da paisaxe e a súa diversidade. Din, esta xente sabia, que a paisaxe é en si mesmo artística. 

O seu gran desexo, se pensan a longo prazo, é conseguir que o monte siga sendo comunal e imaxinamos xuntas, que para que iso suceda, por unha banda é necesario dar unha gran visibilidade ao valor da xestión comunitaria do monte e a todo o que esta é capaz de producir para a natureza, a paisaxe e o medio ambiente pero tamén para a comunidade de Couso e a sociedade en xeral; e, por outro, lograr a substitución xeracional interesando ás persoas novas nos montes comunais e o seu sistema de xestión comunitaria. 

A mediadora, Natalia Balseiro, nun intercambio co comitente, Xosé Antonio Araúxo. © Andreia Iglesias
A mediadora, Natalia Balseiro, nun intercambio co comitente, Xosé Antonio Araúxo. © Andreia Iglesias

O monte é para comuneiras e comuneiros un orgullo. Forma parte de moitas destas familias desde fai xeracións e axuda a satisfacer as necesidades das persoas que habitan este territorio. Comuneiras e comuneiros viven no rural e queren que o monte produza recursos para poder sobrevivir, pero en equilibrio co sistema, revertendo sempre cos seus proxectos, no propio ecosistema natural. 

A comunidade de montes, polo seu modo de operar, de forma colectiva e comunitaria, transfire, de forma máis ou menos consciente, as súas características á propia comunidade, mellorando así a calidade de vida das persoas que habitan Couso a través do impulso de proxectos como a comunidade enerxética, o bosque comestible, o proxecto de tratamento de augas residuais entre outras realidades e retos que teñen por diante. 

Históricamente en Galicia, as comunidades de montes, xogaron un papel moi relevante na defensa do patrimonio material e inmaterial, así como no coidado da terra.

En Couso pensan na capacidade de usar o territorio para expresarse. 

O coordinador de Concomitentes, Fran Quiroga, coa mediadora, Natalia Balseiro. © Andreia Iglesias
O coordinador de Concomitentes, Fran Quiroga, coa mediadora, Natalia Balseiro. © Andreia Iglesias

Agora mesmo se pensan no futuro, soñan con que o monte siga sendo comunal no futuro, cunha substitución xeracional consciente do que pode unha comunidade de montes, desenvolvendo a nivel lexislativo unha reordenación do monte dinámica -porque o monte está vivo- un monte sustentable e que xere beneficios para a parroquia. Imaxinan producir e comercializar madeiras nobres, levar o proxecto da comunidade de montes ao ámbito educativo e realizar máis e maiores vínculos con outras comunidades que teñen ao redor non só de montes senón de colectivos ou outros proxectos. Abrindo novas vías para dar a coñecer o monte de Couso como un observatorio de estrelas. 

Soñan con recuperar os servizos na aldea, como o transporte público, seguir mantendo as escolas rurais, dispor de servizos para que a xente nova non se vaia. Lembran tamén de forma nostálxica as festas, que noutras épocas, montaba a comunidade ao redor de San Cristóbal, a festa dos Remedios, San Xoan ou o Magosto. 

Despedímonos escribindo os desexos que, despois desta conversación fermosa e intensa, xorden entre elas e eles, pensando no seu monte de Couso dentro dunha década. Unha caixa recíbeos, outro día compartímolos. 

Pechamos, como non podía ser doutra maneira, con empanada de Couso regada con líquidos da zona. Curto e pecho. Volvemos nun mes.

A finales de marzo de 2023 iniciamos el proceso de mediación de Montes de Couso, inaugurada ya la primavera, en un día de viento y lluvia, en esa maravilla de lugar que es la Casa Vecinal de Couso, un espacio autogestionado y construido por la comunidad de montes, como tantos otros recursos del lugar. 

A pesar de que la convocatoria es tarde, a las 18.00hrs, y que el día no ayuda, más de veinte personas participan en el primer encuentro, una comunidad diversa e inclusiva en la que mujeres y hombres participan, mayores y jóvenes, más o menos involucrados pero todas y todos comuneras y comuneros, ahora comitentes de este proceso de Tierra Común. De los 20 a los 80, todas las generaciones participan de este proyecto transversal, que produce una forma de vida en comunidad que aspira a la autosuficiencia para la vida en común

Iniciamos el encuentro celebrando el arranque de un proceso ilusionante, junto a Fran Quiroga, coordinador del proyecto Concomitentes, que tiene un especial vínculo con los montes comunales, por todo su trabajo alrededor de los comunes y, en especial, de los montes comunales. Yo misma crecí y viví alrededor del mundo de la madera. 

El comitente, Xosé Antonio Araúxo, de Montes de Couso durante su exposición. © Andreia Iglesias
El comitente, Xosé Antonio Araúxo, de Montes de Couso durante su exposición. © Andreia Iglesias

Tras presentar el proyecto europeo en el que se enmarca Tierra Común, así como el proyecto de Concomitentes, con algunos ejemplos de los otros proyectos que se están desarrollando en todo el estado, iniciamos la presentación de Tierra Común y de los retos que nos esperan, del camino que tenemos que recorrer juntas y del calendario que tenemos por delante. No hay dudas. Hay ganas. 

Iniciamos la conversación hablando de sus vínculos con el monte, con Montes de Couso y si hay algo que atraviesa la conversación es que el monte forma parte de su vida de forma diaria, es su espacio de ocio, esparcimiento, pero también es una fuente de riqueza tanto alimentaria, por los frutos y alimentos que produce, como por la economía que distribuye entre las comuneras y comuneros. Lejos de imaginar y proyectar la explotación de sus tierras comunes reflexionan sobre su sostenibilidad, su multifuncionalidad para poder ser autosuficientes y generar recursos para todos, cuidando el planeta y, de paso, su Tierra Común. Piensan el monte desde una perspectiva económica, pero también social, siempre teniendo en mente la conservación del medio ambiente y el cambio climático.

Su gran objetivo es mejorar la vida de la gente a través de la comunidad de montes, generando un espacio de alimentación, creando puestos de trabajo, impulsando un espacio para disfrutar del paisaje y su diversidad. Dicen, esta gente sabia, que el paisaje es en sí mismo artístico. 

Su gran deseo, si piensan a largo plazo, es conseguir que el monte siga siendo comunal e imaginamos juntas, que para que eso suceda, por un lado es necesario dar una gran visibilidad al valor de la gestión comunitaria del monte y a todo lo que esta es capaz de producir para la naturaleza, el paisaje y el medio ambiente pero también para la comunidad de Couso y la sociedad en general; y, por otro, lograr el relevo generacional interesando a las personas jóvenes en los montes comunales y su sistema de gestión comunitaria. 

La mediadora, Natalia Balseiro, en un intercambio con el comitente, Xosé Antonio Araúxo. © Andreia Iglesias
La mediadora, Natalia Balseiro, en un intercambio con el comitente, Xosé Antonio Araúxo. © Andreia Iglesias

El monte es para comuneras y comuneros un orgullo. Forma parte de muchas de estas familias desde hace generaciones y ayuda a satisfacer las necesidades de las personas que habitan este territorio. Comuneras y comuneros viven en el rural y quieren que el monte produzca recursos para poder sobrevivir, pero en equilibrio con el sistema, revirtiendo siempre con sus proyectos, en el propio ecosistema natural. 

La comunidad de montes, por su modo de operar, de forma colectiva y comunitaria, transfiere, de forma más o menos consciente, sus características a la propia comunidad, mejorando así la calidad de vida de las personas que habitan o Couso a través del impulso de proyectos como la comunidad energética, el bosque comestible, el proyecto de tratamiento de aguas residuales entre otras realidades y retos que tienen por delante. 

Históricamente en Galicia, las comunidades de montes, ha jugado un papel muy relevante en la defensa del patrimonio material e inmaterial, así como en el cuidado de la tierra.

En Couso piensan en la capacidad de usar el territorio para expresarse. 

El coordinador de Concomitentes, Fran Quiroga, con la mediadora, Natalia Balseiro. © Andreia Iglesias
El coordinador de Concomitentes, Fran Quiroga, con la mediadora, Natalia Balseiro. © Andreia Iglesias

Ahora mismo si piensan en el futuro, sueñan con que el monte siga siendo comunal en el futuro, con un relevo generacional consciente de lo que puede una comunidad de montes, desarrollando a nivel legislativo una reordenación del monte dinámica -porque el monte está vivo- un monte sostenible y que de beneficios para la parroquia. Imaginan producir y comercializar maderas nobles, llevar el proyecto de la comunidad de montes al ámbito educativo y realizar más y mayores vínculos con otras comunidades que tienen alrededor no sólo de montes sino de colectivos u otros proyectos. Abriendo nuevos proyectos para dar a conocer el monte de Couso como un observatorio de estrellas. 

Sueñan con recuperar los servicios en la aldea, como el transporte público, seguir manteniendo las escuelas rurales, disponer de servicios para que la gente joven no se vaya. Recuerdan también de forma nostálgica las fiestas, que en otras épocas, montaba la comunidad alrededor de San Cristóbal, la fiesta de los Remedios, San Juan o el Magosto. 

Nos despedimos escribiendo los deseos que, después de esta conversación hermosa e intensa, surgen entre ellas y ellos, pensando en su monte de Couso dentro de una década. Una caja los recibe, otro día los compartimos. 

Cerramos, como no podía ser de otra manera, con empanada de Couso regada con líquidos de la zona. Corto y cierro. Volvemos en un mes.

Álbum de fotos con toda la sesión aquí.