Xornadas O Museo Carlos Maside: un patrimonio cidadán
Colectivos e institucións únense na defensa dun museo único.
¿Dónde? | Museo Carlos Maside |
---|---|
Dirección | Lugar Castro, 14, 15168 O Castro, A Coruña |
¿Cuándo? | 27.09.2021 |
O Museo Carlos Maside: un patrimonio cidadán
Datas: 27-28 de setembro de 2021
Dirección: Germán Labrador Méndez (Princeton University), Miguel Anxo Rodríguez (USC), Agar Ledo Arias (Comisión de Xestión e Políticas Culturais do CCG), Fran Quiroga (Concomitentes/USC), Dolores Vilavedra (secretaria do CCG/USC).
Organizan: Consello da Cultura Galega / USC / Concello de Sada
Colaboran: Deputación da Coruña, HAAYDU Grupo de Investigación Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo da USC (Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG. Grupos con potencial de crecemento ED431B 2020/41), HISTAGRA Grupo de investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural da USC (Axudas á Consolidación e estruturación 2018, GRC GI-1371), e TLLC Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada da USC (Plan Galego ED431C 2021/34).
O Museo Carlos Maside (1970) é un dos proxectos creados ao abeiro do Laboratorio de Formas de Galicia, impulsado por Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e un grupo de intelectuais desde o exilio republicano en Buenos Aires. A fundación do MCM supuxo a recuperación da arte galega da vangarda e a vontade por superar as fracturas do pasado recente dende a restitución da memoria histórica. O seu valor patrimonial, conformado, na súa orixe, polas doazóns dos fundadores, incrementouse cos legados de diversos exiliados, tamén de persoas e entidades interesadas no movemento renovador da arte galega a partir do seu primeiro referente, A. R. Castelao.
Os contidos e a museografía do MCM foron variando minimamente dende o traslado da colección permanente, en 1982, ao edificio actual de Andrés Fernández-Albalat en O Castro, Sada. Nel proponse un percorrido preciso, coas pezas de Castelao e do Movemento Renovador na planta baixa, autores e movementos dende a Guerra Civil ata a actualidade na planta intermedia, e unha última sala na planta alta dedicada ao debuxo humorístico e a banda deseñada. O propio Díaz Pardo supervisou a última instalación da colección, organizando as salas, a museografía, e historiando o relato da nosa arte nas cartelas e textos que aínda permanecen no espazo.
O actual estado do patrimonio material e inmaterial do MCM reclama da sociedade civil, das administracións públicas, do eido da cultura e da comunidade académica un traballo de coidado e crítica que axude decisivamente a protexelo. Estas xornadas abordan o baleiro legal, intereses, desintereses e outros aspectos que complican a protección e conservación do importante patrimonio que custodia.
Sesión 1. O Museo Maside: un patrimonio cidadán
Luns 27 de setembro. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela
9:15 Benvida
9:30-11:30 PANEL 1. OS FUTUROS DO MUSEO MASIDE: PERSPECTIVAS LEGAIS, PATRIMONIAIS E INSTITUCIONAIS.
Patricia Gabeiras (avogada especialista en dereito da cultura). Fisuras legais para a protección pública do MCM.
Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura, Xunta de Galicia)
Felipe Senén (museólogo e colaborador do Laboratorio de Formas de Galicia). Por que debe ser BIC o MCM?
Intervén e modera: Xavier Ferreira Fernández (profesor de dereito administrativo, USC). Os futuros do MCM.
Debate
11:30-12:00 PAUSA DE CAFÉ
12:00-14:00 PANEL 2. A IMPORTANCIA DUN MUSEO DA POSGUERRA E O EXILIO.
María Dolores Jiménez-Blanco (Directora General de Bellas Artes, Ministerio de Cultura). Galicia no «campo cerrado» da posguerra.
Rosario Peiró (Directora da Área de Coleccións, Museo Reina Sofía). A importancia do exilio e da posguerra na colección permanente do MNCARS.
Inmaculada Real López (profesora do Departamento de Historia da Arte, UniZar). O MCM na rede mundial de Museos do exilio.
Intervén e modera: María Antonia Pérez Rodríguez (profesora do Departamento de Humanidades, UDC). O MCM pensado dende o exilio.
Debate
Sesión 2. O Museo Carlos Maside: utopía e realidade
Luns 27 de setembro. Centro de Estudos Avanzados, USC, Santiago de Compostela
16:30 – 18:30 PANEL 3. O MUSEO CARLOS MASIDE: UTOPÍA E REALIDADE (1)
Presentación da sesión: Germán Labrador Méndez
Xosé Díaz Arias: O MCM. Un proxecto museístico do Laboratorio de Formas.
Iria-Friné Rivera Vázquez: O MCM. Identidade galega e aportación intelectual nunha produción industrial para a cidadanía.
Guillermo Escrigas: O MCM. Unha realidade (xurídica) imaxinada.
Anxo Rabuñal: Experimentos no Laboratorio.
Carmela Montero: Apúntao na barra de xeo. Por que non escribe o BIC para o Maside? Importa?
Xurxo Ayán: Museu, Pobo, Galego, Maside.
Modera: Agar Ledo Arias
Debate
18:30-19:00 PAUSA DE CAFÉ
19:00 – 21:00 PANEL 4. O MUSEO CARLOS MASIDE: UTOPÍA E REALIDADE (2)
Charo Portela: En defensa das industrias da memoria.
María América Díaz: Orixes do MCM: da necesidade á realidade.
Manuel Pérez Lorenzo: O MCM. Identidade e vangarda desde Sada.
Sabela López Pato: A mirada atlántica na museoloxía galega.
Daniel López Abel: Matrimonializar o Laboratorio de Formas.
Daniel Lanero: Galicia, anos 70: unha sociedade en ebulición?
Modera: Miguel Anxo Rodríguez
Debate
*O aforo desta xornada é limitado, polo que é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico xornadasmuseocarlosmaside@gmail.com
Sesión 3. Xornada participativa. O Museo Carlos Maside: comunidades e vínculo.
Martes 28 de setembro. Biblioteca, Casa da Cultura de Sada
16:00 – 18:00 XORNADA PARTICIPATIVA. O MUSEO CARLOS MASIDE: COMUNIDADES E VÍNCULO.
Presenta e modera: Fran Quiroga
Espazo participativo aberto a toda a cidadanía co que procuramos coñecer o vinculo que a veciñanza de Sada ten co Museo Carlos Maside. Á vez a abriremos un debate sobre como debería ser un novo museo de arte contemporánea na vila. Usaremos metodoloxías da participación social para xerar un lugar cómodo para unha conversa pausada.
18:00-18:30 PAUSA DE CAFÉ
18:30 – 19:00 CONCLUSIÓNS: O MUSEO QUE VÉN: CONSTRUÍR UN FUTURO PARA O MUSEO CARLOS MASIDE.
O formato será participativo e o aforo limitado, polo que é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico cultura@sada.gal
Para ver el programa con PDF pulsa aquí.