×
Share
Reflexion 14.07.2025

Viaxe ao 2060: a Ulloa que venceu a Altri

Así imaxinamos a Ulloa do futuro



Para leer el texto en castellano pulsa aquí.

O sábado 28 de xuño, un grupo de habitantes do 2025 foi quen de viaxar á Ulloa do 2060 a través de 2060: A Ulloa que xa vén, unha performance organizada polos comitentes de Os contos do leite

Nese 2060 imaxinado, o público descubriu que Altri non chegou a instalarse grazas a diversos esforzos: unha folga de peregrinos, un crowdfunding co que miles de persoas mercaron a finca de Quintas e a batalla legal que se levou a cabo, entre outros. Grazas á paralización do proxecto de Altri, a comarca puido continuar a desenvolver iniciativas que xa existen a día de hoxe, consolidándose como unha comarca referente en sostibilidade, soberanía alimentaria e enerxética, dereitos culturais e diversidade.  

Persoas agardándo nunha dársena de autobuses
O público agarda a comezar a viaxe intertemporal na dársena de autobuses
Lendo o folleto do tour
Lendo o folleto do tour

Con este tour ao 2060 o público asistente, na súa meirande parte conformado por veciñas e veciños da Ulloa, foi descubrindo como no futuro prosperan todos os síes que se defenderon no 2025 cando se dicía Altri Non. A guía desta singular viaxe intertemporal foi a actriz Mónica García, que levou ás viaxeiras e viaxeiros por distintos enclaves simbólicos do 2060. En cada parada agardaban figurantes que daban vida a ese mundo posible, representando espazos e historias dun futuro no que o rural está cheo de vida.

Mónica García interpretando á guía do futuro no interior do autobús. Leva vestiario de La Canalla.
Mónica García interpretando á guía do futuro no interior do autobús. Leva vestiario de La Canalla.
Dúas persoas  falan co público. Detrás lese nunha bandeira "Si á saúde"
Chusa e Carmela terceiras, as netas das fundadoras de Milhulloa, falan coas pasaxeiras
Dúas persoas, Chusa e Carmela, de Milhulloa, falan e o público escoita
En Milhulloa

Neste 2060, a finca de Quintas converteuse na Fundación Quintas, xestionada colectivamente polas persoas que a adquiriron, e restaurada ecolóxicamente. Nese lugar atópase tamén un monumento á memoria da loita contra Altri, lembrado como o punto de partida para unha nova etapa para o territorio.

Carteis da Fundación Quintas e o Monumento en memoria da loita contra Altri
Persoa sostendo unha imaxe no interior do bus
Azafata amosando imaxes dos feitos que levaron a que Altri non se instalara

As aldeas da Ulloa están cheas de xente, en parte persoas chegadas das cidades ou migradas por razóns climáticas. A comarca é soberana en termos alimentarios e enerxéticos, e no contexto dun mundo que camiña cara ao decrecemento, as persoas dispoñen de máis tempo libre e poden exercer con máis facilidade os seus dereitos culturais. A paisaxe tamén mudou neste escenario: hai moitos menos eucaliptos, aínda que o proceso de recuperación continúa. Durante o tour fixéronse paradas en Mlihulloa, que no futuro que se plantexou é un centro importantísimo de investigación en medicina, o Castelo de Pambre, que conta cunha diversísima oferta cultural, As Torrentes de Mácara, que están máis limpas que no 2025 e seguen a ser un espazo moi rico en biodiversidade, e Arqueixal, en Albá, que chea de xente, se convertiu nunha aldea que forma ás persoas recentemente chegadas á Ulloa para poder vivir no rural e despois a redistribúe a outras aldeas. 

Visitando o Castelo de Pambre
Visitando o Castelo de Pambre
Persoas achegándose a un río
Refrescándose nas torrentes de Mácara
persoas escoitando con audioguías
Descubrindo o porvir da aldea de Albá

O tour rematou cun xantar no espazo de arte Do Picho. O menú, elaborado por Alejandro Vázquez e Artur Pérez, foi confeccionado con ingredientes producidos na bacía do Ulloa, dende a Ulloa ata a ría de Arousa.  

Fronte ás narrativas de non futuro, esta performance serviu para pensar, colectivamente, que futuros desexables é posible seguir a  construir na Ulloa. O público marchou ilusionado, con enerxías renovadas para seguir defendendo o territorio e construíndo alternativas reais desde o presente.

Varias persoas sosteñen unha pancarta que di "habitantes do 2025 grazas!"
As habitantes do 2060 agradecen ás pasaxeiras do 2060 a súa loita contra Altri
Grupo de persoas posan con carteis do futuro
Comitentes, mediadoras e Mónica García en Do Picho

El sábado 28 de junio, un grupo de habitantes del 2025 viajó a la Ulloa del 2060 a través de 2060: la Ulloa que ya viene, unha performance organizada por los comitentes de Os contos do leite.

En ese 2060 imaginado, el público descubrió que Altri no logró instalarse gracias a diversos esfuerzos: una huelga de peregrinos, un crowdfunding con el que miles de personas adquirieron la finca Quintas y la batalla legal que se llevó a cabo, entre otras. Gracias a la paralización del proyecto Altri, la región pudo continuar desarrollando iniciativas que ya existen, consolidándose como una comarca de referencia en sostenibilidad, soberanía alimentaria y energética, derechos culturales y diversidad.

Con este recorrido a 2060, el público asistente, compuesto principalmente por vecinos y vecinas de A Ulloa, fue descubriendo cómo en el futuro prosperan todos los síes que se defendieron en 2025 cuando se decía "Altri No". La guía de este singular viaje intertemporal fue la actriz Mónica García, que llevó a los viajeros y viajeras por diferentes enclaves simbólicos del 2060. En cada parada, los esperaban figurantes que daban vida a ese mundo posible, representando espacios e historias de un futuro en el que el campo rebosa vida.

En este 2060, la finca Quintas se convirtió en la Fundación Quintas, gestionada colectivamente por quienes la adquirieron y restaurada ecológicamente. En ese lugar también se erige un monumento a la memoria de la lucha contra Altri, recordado como el punto de partida de una nueva etapa para el territorio.

Las aldeas de A Ulloa están llenas de gente, en parte personas procedentes de las ciudades o migrantes por razones climáticas. La comarca és soberana en materia de alimentación y energía, y en el contexto de un mundo que avanza hacia el decrecimiento, las personas tienen más tiempo libre y facilidad para ejercer sus derechos culturales. El paisaje también ha cambiado en este escenario. Hay muchos menos eucaliptos, aunque el proceso de recuperación continúa. Durante el tour se hicieron paradas en Mlihulloa, que en el futuro que se planteó es un centro muy importante de investigación en medicina, el Castillo de Pambre, que tiene una oferta cultural muy diversa, los Torrentes de Mácara, que están más limpios que en 2025 y siguen siendo una zona muy rica en biodiversidad, y Arqueixal, en Albá, que llena de gente, se ha convertido en un pueblo que capacita a la gente recién llegada a A Ulloa para poder vivir en el campo y luego la redistribuye a otras aldeas.

El recorrido finalizó con un almuerzo en el espacio artístico Do Picho. El menú, elaborado por Alejandro Vázquez y Artur Pérez, se elaboró ​​con ingredientes de la cuenca del Ulla, desde A Ulloa hasta la ría de Arousa.

Frente a las narrativas de no futuro, esta performance sirvió para reflexionar colectivamente sobre qué futuros deseables es posible seguir construyendo en A Ulloa. El público se marchó entusiasmado, con energías renovadas para seguir defendiendo el territorio y construyendo alternativas reales desde el presente.