×
Share
Diario 07.09.2020

E haberá que continuar, non?

Xornada participativa + OFRENDA: Canto Coral Coreografado



Ao longo do último trimestre do 2019 celebramos en Betanzos unha serie de sesións participativas coas que se procuraba coñecer cal era o desexo colectivo para crear unha obra de arte. Ao longo dos encontros emerxeron ideas, soños e dificultades. Falouse de que a creación fose perdurable no tempo e práctica, tamén que atendese aun reto contemporáneo, ao igual que facían as obras dos irmáns García Naveira, abordouse a utilidade ou non da obra de arte. En marzo deste ano deberíamos ter elaborado o “Encargo ao artista”, un resumo das vontades colectivas, como esa expresión de interese coa cal o artista puidese producir a súa obra partindo dese desexo colectivo.

Mais a covid non o permitiu. Houbo que parar, agocharse. Os nosos corpos distanciaronse e a saúde e os coidados ocuparon a vida. Ficamos parados, quizias ia sendo hora, mais nalguns casos botamos de menos ese estar xuntos. Seguramente as cousas xa non serán como antes, e esta dúbida é polo que voltamos a facer unha sesión participativa coa que queremos preguntarnos se aquelo que falamos no 2019 sigue vixente ou se polo contra a covid tamén nos fixo repensar as noas prioridades ou valores.

Facemos este novo convite a unha xornada participativa que terá lugar no Teixeiro (no coto de Chelo do Mandeo, Paderne) o sábado 19 de setembro, de 11:30 a 14h, nel repensaremos o Encargo ao artista, ver os avances e os próximos pasos no proxecto. E ademais realizaremos unha ofrendda, baixo a compañía das perfomers Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, con elas e todos nos crearemos unhapeza musical con coreografía colectiva baixo a inspiración ritmica, melódica e estructural dunha habanera ou tango que nos engarce na inspiración da emigración á America, e por outra banda sumerxirnos na oda á paisaxe de Betanzos através do melismático e libre alalá, o blues da galeguidade.

Cómpre inscribirse en fran@concomitentes.org, o espazo está limitado, e en todo momento manteranse a distancia de dous metros por persoa. Aquelas persoas que non desexen asistir por non sentirse cómodos, poden enviar un email tamén e poderemos ter unha xuntanza online posteriormente.