×
Compartir
Evento 05.03.2024

Presentación do libro ‘Hospitalario’ na Coruña

O libro asinado polo Hematocrítico é froito dun proceso participativo impulsado por Concomitentes e editado pola editorial ‘Triqueta Verde’-, e presentarase nun evento público o xoves, 21 de marzo ás 18.30hrs, no Museo Domus.

¿Dónde? Museo Domus
Dirección R. Ángel Rebollo, 91, 15002 A Coruña
¿Cuándo? 21.03.2024
Horario 18.30-20.00hrs
Protagonistas Felipe G. Gil de ZEMOS98; la escritora gallega, Ledicia Costas; y Víctor Mascato, de ‘Triqueta Verde’.

Para leer el texto en castellano pulsa aquí.

O conto ilustrado ‘Hospitalario’, do autor galego O Hematocrítico, ten como protagonistas a dous nenos ingresados que, a través do seu intercambio e conversación debullan as claves polas que pasará un paciente que se atope nunha UCI Pediátrica. O resultado é unha publicación, marcada pola tenrura e en clave de humor, que axuda a nenos e nenas nunha UCI a transitar polo seu proceso de hospitalización.

Tras unha primeira edición limitada, a editorial galega especializada en libros infantís e xuvenís ‘Triqueta Verde’, reeditou e lanzou unha segunda tirada de ‘Hospitalario’ que se presentará no evento público ‘O conto detrás do conto’ o xoves, 21 de marzo ás 18.30hrs, no Museo Domus da Coruña. Neste encontro participarán o mediador que guiou o proxecto, Felipe G. Gil de ZEMOS98; a escritora galega, Ledicia Costas; e Víctor Mascato, de ‘Triqueta Verde’.

A publicación, ilustrada pola artista canaria Cynthia Hierro, xorde do proceso participativo de Concomitentes, UCI Pediátrica, desenvolvido xunto ao mediador Felipe G. Gil de ZEMOS98, e cinco enfermeiros e enfermeiras da Unidade de Coidados Intensivos de Pediatría do Hospital Universitario Nosa Señora de Candelaria de Tenerife, para xerar un dispositivo que axude a estes profesionais a xestionar o coidado emocional dos pequenos pacientes e as súas familias durante a experiencia de ingreso nunha Unidade de Coidado Intensivos. ‘Hospitalario’, -que estará dispoñible en castelán, galego e catalán en librarías de toda España-, é resultado así de cinco anos de traballo (2018 a 2022) para achegar ferramentas aos enfermeiros e enfermeiras para atender mellor o coidado emocional en pacientes pediátricos, e pon o foco nos coidados e nos nenos que van pasar polo transo dun ingreso hospitalario.

O Hematocrítico, falecido a finais de 2023, (A Coruña, 1976) foi autor de proxectos guiados polo humor e conseguiu ao longo da súa carreira combinar a literatura infantil coa de mestre. Entre as súas coleccións destacan ‘Lendas do recreo’ con Albert Monteys ou ‘Feliz Feroz’, ‘Axente Ricitos’ e ‘O lobo con botas’, xunto ao ilustrador Alberto Vázquez. Pola súa banda, a ilustradora canaria, Cynthia Hierro, máis coñecida como Limoneti, conta cunha traxectoria arrinca en 2015 co proxecto de creación de marca, Amarelo Limón, no que é a deseñadora de produtos de papelería, fogar e téxtil, que combinou con outros encargos.

Hoxe, grazas a este relanzamento, o legado do Hematocrítico continúa o seu percorrido para chegar a novos pequenos lectores e lectoras de toda España.

El cuento ilustrado ‘Hospitalario’, del autor gallego El Hematocrítico, tiene como protagonistas a dos niños ingresados que, a través de su intercambio y conversación desgranan las claves por las que pasará un paciente que se encuentre en una UCI Pediátrica. El resultado es una publicación, marcada por la ternura y en clave de humor, que ayuda a niños y niñas en una UCI a transitar por su proceso de hospitalización.

Tras una primera edición limitada, la editorial gallega especializada en libros infantiles y juveniles ‘Triqueta Verde’, ha reeditado y lanzado una segunda tirada de ‘Hospitalario’ que se presentará en el evento público ‘El cuento detrás del cuento’ el jueves, 21 de marzo a las 18.30hrs, en el Museo Domus de A Coruña. En este encuentro participarán el mediador que guió el proyecto, Felipe G. Gil de ZEMOS98; la escritora gallega, Ledicia Costas; y Víctor Mascato, de ‘Triqueta Verde’.

La publicación, ilustrada por la artista canaria Cynthia Hierro, surge del proceso participativo de Concomitentes, UCI Pediátrica, desarrollado junto al mediador Felipe G. Gil de ZEMOS98, y cinco enfermeros y enfermeras de la Unidad de Cuidados Intensivos de Pediatría del Hospital Universitario Nuestra Señora de Candelaria de Tenerife, para generar un dispositivo que ayude a estos profesionales a gestionar el cuidado emocional de los pequeños pacientes y sus familias durante la experiencia de ingreso en una Unidad de Cuidado Intensivos. ‘Hospitalario’, -que estará disponible en castellano, gallego y catalán en librerías de toda España-, es resultado así de cinco años de trabajo (2018 a 2022) para aportar herramientas a los enfermeros y enfermeras para atender mejor el cuidado emocional en pacientes pediátricos, y pone el foco en los “cuidados” y en los niños que van a pasar por el trance de un ingreso hospitalario.

El Hematocrítico, fallecido a finales de 2023, (A Coruña, 1976) fue autor de proyectos guiados por el humor y consiguió a lo largo de su carrera combinar la literatura infantil con la de maestro. Entre sus colecciones destacan ‘Leyendas del recreo’ con Albert Monteys o ‘Feliz Feroz’, ‘Agente Ricitos’ y ‘El lobo con botas’, junto al ilustrador Alberto Vázquez. Por su parte, la ilustradora canaria, Cynthia Hierro, más conocida como Limoneti, cuenta con una trayectoria arranca en 2015 con el proyecto de creación de marca, Amarillo Limón, en el que es la diseñadora de productos de papelería, hogar y textil, que ha combinado con otros encargos.

Hoy, gracias a este relanzamiento, el legado de El Hematocrítico continúa su recorrido para llegar a nuevos pequeños lectores y lectoras de toda España.