×
Copiar URL
Evento 10.12.2019

Continua o proceso participativo cun Café Conversa e Transqueimada o venres 13 de decembro

Seguimos indagando

¿Dónde? Matadoiro Betanzos
¿Cuándo? 13.12.2019

Cal é o desexo cidadá para realizar unha obra de arte contemporánea en Betanzos ao redor do legado dos irmáns García Naveira? De que nos gustaría que falase esa obra? Debe responder a algún reto contemporáneo ou pola contra ha de facer unha revisión histórica dos filántropos? Estas dúbidas aínda fican sen resolver e por iso facemos esta nova chamada a participar na próxima sesión do proceso participativo.

O venres 13 de decembro de 19h a 21h no Matadoiro, situado na Ribeira en Betanzos terá lugar o Café Conversa co que continuamos traballando en torno ao soño colectivo que hai para realizar a futura encarga cidadá, así como procuramos consolidar o marco conceptual que guía o programa Concomitentes, que lembremos que leva realizado máis de 400 obras de arte en toda Europa, e por primeira vez o fai en Galicia.

A sesión contará de novo coa facilitación do equipo Rexenerando, unha cooperativa experta en facilitación de procesos grupais, así como unha Transqueimada ao finalizar a xornada, como forma de perfomativizar a tradición. Unha acción que desenvolevu Andrea Olmedo e Fran Quiroga na investigación Ruraldecolonizado e que se repetirá, con algunhas mudanzas nesta xornada. Na xornada dividirémonos en grupos de traballo cos que se irá atendendo a que retos contemporaneos debe atender a obra, e como podemos corresponsabilizarnos no coidado e preservación dese novo patrimonio xerado.

A seguinte sesión terá lugar en xaneiro e con ela preténdese rematar esta segunda fase do proxecto, e ter pensado de xeito colectivo esa encarga cidadá. Entre os meses de febreiro e marzo decidirase o artista seleccionado. Este pioneiro proxecto nace da man de Concomitentes, asociación que promove un programa de produción de obras de arte encargadas dende a cidadanía. Este programa subraia a importancia da arte na vida social. Grazas ao xeneroso apoio e impulso da Fundación Daniel y Nina Carasso, Concomitentes arranca no Estado cun sólido proxecto piloto, no que terán lugar proxectos en Catalunya, Canarias e Madrid, ademais do de Betanzos. Concomitentes é a versión española do programa francés Nouveaux Commanditaires. En 1990 o artista François Hers sentou as bases deste programa coa redacción dun protocolo, no que perfilou os termos desta metodoloxía, coa que a sociedade civil pode convertirse en comitentes [o grupo de promotores] dunha obra dun artista.