×
Compartir
Evento 03.10.2024

A artista, Asunción Molinos Gordo, inaugura o resultado artístico xunto á comunidade de montes de Couso coa festa ritual ‘Os sentires do monte’

A xornada celebrativa, -que terá lugar o sábado, 12 de outubro e estenderase todo o día-, consistirá nun percorrido polos montes comunais, con varias paradas en lugares de importancia, onde se desenvolven un grupo de accións vinculadas aos elementos constituíntes do monte.

¿Dónde? Casa Vecinal de Couso
Dirección Boucia, 3, 36389 Gondomar, Pontevedra
¿Cuándo? 12.10.2024
Horario 11.00-12.00hrs

Para leer el texto en castellano pulsa aquí.

A artista, Asunción Molinos Gordo, presentará o vindeiro sábado, 12 de outubro, o resultado do seu proceso artístico-participativo coa comunidade dos Montes de Couso, que se concretará na festa ritual ‘Os sentires do monte’. A xornada consistirá nun percorrido polos montes comunais, con varias paradas en lugares de importancia, onde se desenvolven un grupo de accións vinculadas aos elementos constituíntes do monte.

Esta celebración colectiva, que se alargará toda a xornada desde as 11 da mañá, busca reivindicar a potencia do manexo comunitario deste territorio, e foi deseñada xunto a veciñas e veciños de Couso, membros da comunidade de montes e doutras comunidades próximas; a propia artista; e a mediadora do proxecto ‘Land Commons’, Natalia Balseiro, a través de varias sesións de traballo desenvolvidas ao longo destes meses.

Dous anos de traballo e un camiño que continúa

Esta proposta artística, ritualística e celebrativa culmina dous anos de traballo co proxecto ‘Land Commons’ que desde 2023 desenvolve un proceso artístico-participativo que pon en valor a vida presente e futura dos montes, e os vínculos co territorio como unha forma de vida e prosperidade. Así, nos últimos dous anos a comunidade de Montes de Couso desenvolveu a través dun intenso labor de mediación, un exercicio para imaxinar un desexo común: visibilizar entre as veciñanzas máis próximas e as mocidades un modelo sustentable, multifuncional e autosuficiente a longo prazo para o seu territorio, buscando tamén a continuidade deste legado de xestión comunitaria entre as novas xeracións.

Un momento da ruta polo monte, en maio de 2023. (c) Andreia Iglesias
Un momento da ruta polo monte, en maio de 2023. (c) Andreia Iglesias

Un rito que marca un inicio

Ademais desta festa ritual, que se expón sexa de carácter anual, o proceso artístico tamén se concreta nun Plan de Autoprotección do Monte que recoñeza os dereitos destes montes e que foi deseñado pola artista a partir das sesións de traballo colectivas. 

Un escrito, inspirado noutros procesos similares como a Lei que en 2022 aprobouse para outorgar personalidade xurídica ao Mar Menor de Murcia e ao Río Tins de Outes en Galicia, que busca salvagardar o futuro destes territorios xestionados polas comuneiras e comuneiros, e inspirar así a outros modelos similares.

O contido deste Plan de Autoprotección, froito de distintos encontros entre a artista, mediadora e o grupo de traballo, -integrado por membros da comunidade, veciñas e veciños e membros doutras comunidades de montes-, incluirá temas como o coidado, protección, uso, produción e transmisión de saberes no territorio.

‘Terra Común’ forma parte do proxecto europeo ‘Art Living Lab for Sustainability’, financiado polo programa ‘Europa Creativa’ da Unión Europea, que ten como reto atender a tres mecanismos de xestión comunitaria: a do monte con ‘Terra Común’ (Monte Veciñal de Couso, Galicia, España); a arxila con ‘Clay Commons’ (Boom, Flandes, Bélxica); e a da auga con ‘Water Commons’ (Parque Natural Rexional do Alto Xura, Francia), a través de procesos participativos nestes territorios, que darán como resultado tres obras de arte que respondan as necesidades destas comunidades e territorios.

Horarios estimados: 

Saída Casa Veciñal de Couso: 11h00. 

Percorrido polo monte e accións da festa ritual 12h00-15h00

Comida: 15h00-16h00

Percorrido polo monte e accións da festa ritual: 16h00-21h00

Baixada do monte e regreso en bus desde o Miradoiro de San Antoniño á Casa Veciñal: 21h00 

-> Se queres asistir inscríbete AQUÍ.


Información Importante: A saída realizarase ás 11h00 da Casa Veciñal de Couso. O percorrido polo monte terá unha dificultade media, a suma de traxectos non superan o tres horas, recoméndase ir equipado con roupa cómoda, botas de montaña, chubasqueiro, unha manta na que poder sentar a comer, unha botella con auga e unha lanterna. Aínda que se ofrecerá unha comida colectiva a medio día, recomendamos levar algo para comer para picar entre horas.

La artista, Asunción Molinos Gordo, presentará el próximo sábado, 12 de octubre, el resultado de su proceso artístico-participativo con la comunidad de los Montes de Couso, que se concretará en la fiesta ritual ‘Os sentires do monte’. La jornada consistirá en un recorrido por los montes comunales, con varias paradas en lugares de importancia, donde se desarrollan un grupo de acciones vinculadas a los elementos constituyentes del monte.

Esta celebración colectiva, que se alargará toda la jornada desde las 11 de la mañana, busca reivindicar la potencia del manejo comunitario de este territorio, y ha sido diseñada junto a vecinas y vecinos de Couso, miembros de la comunidad de montes y de otras comunidades próximas; la propia artista; y la mediadora del proyecto ‘Terra Común’, Natalia Balseiro, a través de varias sesiones de trabajo desarrolladas a lo largo de estos meses.

Dos años de trabajo y un camino que continúa

Esta propuesta artística, ritualística y celebrativa culmina dos años de trabajo con el proyecto ‘Terra Común’ que desde 2023 desarrolla un proceso artístico-participativo que pone en valor la vida presente y futura de los montes, y los vínculos con el territorio como una forma de vida y prosperidad. Así, en los últimos dos años la comunidad de Montes de Couso ha desarrollado a través de una intensa labor de mediación, un ejercicio para imaginar un deseo común: visibilizar entre las vecindades más próximas y las juventudes un modelo sostenible, multifuncional y autosuficiente a largo plazo para su territorio, buscando también la continuidad de este legado de gestión comunitaria entre las nuevas generaciones.

Un rito que marca un inicio

Además de esta fiesta ritual, que se plantea sea de carácter anual, el proceso artístico también se concreta en un Plan de Autoprotección del Monte que reconozca los derechos de estos montes y que ha sido diseñado por la artista a partir de las sesiones de trabajo colectivas. 

Un escrito, inspirado en otros procesos similares como la Ley que en 2022 se aprobó para otorgar personalidad jurídica al Mar Menor de Murcia y al Río Tins de Outes en Galicia, que busca salvaguardar el futuro de estos territorios gestionados por las comuneras y comuneros, e inspirar así a otros modelos similares.

El contenido de este Plan de Autoprotección, fruto de distintos encuentros entre la artista, mediadora y el grupo de trabajo, -integrado por miembros de la comunidad, vecinas y vecinos y miembros de otras comunidades de montes-, incluirá temas como el cuidado, protección, uso, producción y transmisión de saberes en el territorio.

‘Tierra Común’ forma parte del proyecto europeo ‘Art Living Lab for Sustainability’, financiado por el programa ‘Europa Creativa’ de la Unión Europea, que tiene como reto atender a tres mecanismos de gestión comunitaria: la del monte con ‘Tierra Común’ (Monte Vecinal de Couso, Galicia, España); la arcilla con ‘Clay Commons’ (Boom, Flandes, Bélgica); y la del agua con ‘Water Commons’ (Parque Natural Regional del Alto Jura, Francia), a través de procesos participativos en estos territorios, que darán como resultado tres obras de arte que respondan a las necesidades de estas comunidades y territorios.

Horarios estimados: 

Salida Casa Veciñal de Couso: 11.00hrs. 

Recorrido por el monte y acciones de la fiesta ritual 12.00-15.00hrs

Comida: 15.00-16.00hrs

Recorrido por el monte y acciones de la fiesta ritual: 16.00-22.00hrs

Bajada del monte y regreso en bus desde el Mirador de San Antoniño a la Casa Veciñal: 22.00hrs. 


-> Si quieres asistir inscríbete AQUÍ.


Información importante: El recorrido por el monte tendrá una dificultad media, la suma de trayectos no superan las tres horas. Se recomienda ir equipado con ropa cómoda, botas de montaña, chubasquero, una manta en la que poder sentarse a comer, una botella con agua y una linterna. Aunque se ofrecerá una comida colectiva a medio día, se recomienda llevar algo de comer para picar entre horas.