×
Compartir
Reflexion 31.01.2020

Unha vez compartido xa non ten forma de volver a desarticularse

Ou do relato da xornada do 13 de decembro



Versión al castellano

As paredes de cantería do antigo matadoiro de Betanzos facían resoar os pasos das comitentes que se achegaban por vez primeira, ou das que o 13 de decembro se volvían xuntar nesta conversa-merenda para, ao abeiro da chuvia e arredor da merenda organizada e da compaña doutros corpos pensantes, continuar indagando na capacidade da súa soberanía para coordinar, producir e negociar en comunidade a encomenda da obra de arte que será produto destes encontros. Poderiamos, non sen asomo de vontade transcendente, atrevernos a aseverar que os irmáns Naveira, dende as súas premisas de conxugar lecer e aprendizaxe, estarían máis que conformes coa aproximación metodolóxica que volveu expoñerse ao comezo da sesión. De novo Fran Quiroga, coordinador do proxecto, e Andrea Rico, no papel de facilitadora por parte da cooperativa Rexenerando, fixeron fincapé na importancia e no sentido profundo das pedagoxías do encontro.

Así pois, coa intención de xerar ese fluxo de saberes e perspectivas, nun marco cálido e favorecedor de vías inexploradas de diálogo, plantexouse en que consistiría o primeiro asunto que se abordaría: en identificar e situar os retos colectivos do S. XX.Non é de todo doado deterse a facernos esta pregunta, sendo como somos en exceso herdeiros das dinámicas da nosa historia más inmediata, cun só pé aínda nunha actualidade que non deixa de tirar de nós, impaciente no seu empeño de fluidez en tódolos ámbitos. Mais certos eixos abrollaron nas voces sen esforzo: o coidado e posta en valor do patrimonio, o respecto á natureza e ao propio, o exercicio consciente de recuperación da riqueza ecolóxica e agraria da zona, o impacto ou trauma social dos movementos migratorios tanto pasados como presentes e todo aquilo que os produce; e sobre todo a necesidade de crear espazos vivos que posibiliten “sentirse parte de algo máis grande” e —apelando unha vez máis ao espírito filantrópico dos irmáns Naveira— acollan e dean cabida, xa dende a súa propia concepción, á aquelas persoas que poidamos considerar as excluídas do noso tempo. Ademáis de respostar aos retos é importante delimitalos.

Así entón, por exemplo, sinalar de que falamos cando falamos de patrimonio: un concepto que na súa amplitude debería abranguer baixo o seu paraugas cantas máis vertentes mellor, “tanto o histórico, coma o natural, social, lingüístico…”. Un fío do que, por tanto como pode motivar a investigar cales son as perdas que nos afectan, así como a prender mecanismos activos de recuperación, resultaría convinte seguir tirando.No caso de ser grandes benefactores e benefactoras, a veciñanza betanceira ten claras cales serían as súas prioridades, e resultaron evidentes as motivacións de quen este día se xuntou nos instalacións do matadoiro municipal. Presentáronse problemáticas concretas, como o derrubamento de casas por desleixo no casco histórico, e nun marco máis amplo déuselle especial importancia á potencia dos espazos físicos como dispositivos artelladores de vencellos entre persoas e, polo tanto, de redes de coidado. “Colectividade, participación e accesibilidade” apuntáronse en todo momento como factores primarios da ecuación a formular. “Que quero que me conte a futura obra?”. Este foi o segundo cuestionamento que Andrea Rico nos propuxo debullar entre todas, apelando a un sentido de “atención profunda” cara as representacións artísticas e a investigar cal é a nosa relación con elas.

A que acudimos a un museo? E a un teatro? Que é o que nos fai sentir distantes daquela estatua abstracta que dalgún xeito o noso imaxinario popular sempre sitúa na rotonda dalgún polígono?
Jesús Castro

Dos resultados desta posta en común poderán irse extraendo as demandas básicas e realistas a comunicarlle á artista que se encargará da obra. Tratouse de esclarecer cales serían os criterios a ter en conta para tal cometido, e na maioría deles estívose de acordo en cada unha das mesas: tería que ser unha creación que dialogase coa realidade da contorna e que deixase pegada nela, algo que xa de por si o feito de concebires dende o comezo un proxecto con durabilidade no tempo facilitaría. Rexeitáronse así manifestacións de carácter estritamente efémero, non só pola escasa involucración social nos diversos sectores locais que produciría, nin pola dificultade que entrañaría identificar nunha marxe temporal reducida o código e a funcionalidade da obra resultante, nin sequera por un apego clásico á materialidade ou ao pragmático; senón porque sería un importante obstáculo á hora de entretecer tres claves que para as comitentes son esenciais: legado, identidade, e relato.

 Ao ter isto en conta non estrañan propostas como as de crear unha residencia de artistas ou unha nova Casa das Artes (traendo á memoria a tradición de luthiers de guitarras e laúdes na historia da cidade), a compilación dun arquivo sonoro da comarca que dea cabida a cantigas populares, ao relato de efemérides da cidade, ás narrativas íntimas de todas aquelas voces que nunca tiveron oportunidade de adherirse á historia... Ou mesmo a idea de recuperar o camiño da horta dos frades, que por un intre nos fai pensar a todas outra vez no que de tan obvio corremos o risco de pasar por alto: agricultura e cultura son —xa de por si os termos o evidencian— intrínsecas a unha para a outra. De aí o desexo das veciñas e dos veciños de que, sexa o que sexa que de aquí resulte, teña parte de inacabado en tanto que algo no que participar e ao que facer seguir medrando no tempo, “algo cíclico, incluso, e ao que voltar coma unha romaría”, e ao que darlle uso, orientando isto último outra vez máis a algo que apele á corresponsabilidade e á intervención popular máis que ao debate —por natureza diríase que irresoluble— sobre a utilidade da arte.

Con isto en mente chegamos á derradeira cuestión da xornada: que precisariamos para manter a obra? Como se sustentaría no tempo ese legado que queremos deixar, e como sería o seu coidado? Sería tanto desexable como necesario unha non-dependencia absoluta da administración pública, así como “a capacidade da obra de resultar na creación de postos de emprego”. Se ben é certo que nos encontros previos se contemplaba con triunfal optimismo as posibilidades de desbordamento do proxecto, a súa ramificación noutras accións e manifestacións impulsadas coa xeira da ilusión colaborativa, isto segue a formularse co mesmo brillo nos ollos mais deixando tamén cabida á necesidade de ser realistas e de coñecer os límites do proxecto, aínda que só sexa para dende aí poder amplialos. É por iso que seguimos convidando ao encontro, como forza produtora que é de pensamento e de celebración. E tamén de tensións, esas tan precisas tensións: síntoma inequívoco de que algo foi posto en común, e unha vez compartido xa non ten forma de volver a desarticularse.

Fotografías de Oscar Gorriz

Versión al castellano

Los muros de piedra del antiguo matadero de Betanzos hacían eco con los pasos de los ciudadanos que se acercaban por primera vez y que se reunían ese 13 de diciembre en esta conversación-refrigerio, al abrigo de la lluvia, en torno a la merienda organizada y en compañía de otros pensamientos. Órganos, para seguir investigando la capacidad de su soberanía para coordinar, producir y negociar en comunidad el encargo de la obra de arte que será producto de estos encuentros. Podríamos, no sin una pizca de voluntad trascendente, atrevernos a afirmar que los hermanos García Naveira, desde sus premisas de conjugar ocio y aprendizaje, estarían más que satisfechos con el planteamiento metodológico con el que se enfocó la sesión. 

Fran Quiroga, mediador del proyecto, y Andrea Rico, en el rol de facilitadora por la cooperativa Regenerando, estuvieron a cargo del encuentro. Con la intención de generar este flujo de conocimientos y perspectivas, en un marco cálido y propicio de vías de diálogo inexploradas, se propuso que el primer tema a abordar fuera “identificar y situar los desafíos colectivos del siglo XX”. Es fácil detenernos para plantear esta pregunta, siendo como somos herederos de la dinámica de nuestra historia más inmediata, con un pie todavía en el presente. Diversos temas brotaron en las voces, sin mucho esfuerzo: El cuidado y puesta en valor del patrimonio, el respeto a la naturaleza y a uno mismo, el ejercicio consciente de la recuperación de la riqueza ecológica y agrícola de la zona, el impacto o trauma social de los movimientos migratorios, tanto en el pasado como para el presente.

Entonces, señalé de qué estamos hablando cuando nos referimos al patrimonio: un concepto que en su amplitud debería abarcar bajo su paraguas cuantos más desniveles mejor, "tanto lo histórico como lo natural, social, lingüístico". Un hilo desde el que motivar la investigación en torno a las pérdidas que nos afectan, poniendo en marcha mecanismos de recuperación, reubicando prioridades y las motivaciones de quienes se dieron cita en estas instalaciones del matadero municipal. También surgieron problemas específicos como la demolición de viviendas por negligencia en el casco antiguo y, en un marco más amplio, se dio especial importancia al poder de los espacios físicos como dispositivos articuladores de vínculos entre las personas y la creación de las redes de contención. “Colectividad, participación y accesibilidad” fueron señalados en todo momento como factores primordiales en la ecuación a formular. ¿Qué quiero que me diga el trabajo futuro?: Esta fue la segunda pregunta que Andrea Rico propuso desentrañar, apelando a un sentido de "atención profunda" a las representaciones artísticas e indagar sobre cuál es nuestra relación con ellas.

¿Para qué vamos a un museo? ¿Y a un teatro? ¿Qué nos hace sentirnos distantes de esa estatua abstracta en la rotonda de algún polígono? De los resultados de esta puesta en común se pueden extraer las exigencias básicas y realistas a comunicar al artista que estará a cargo de la obra. Se trataba de aclarar los criterios a tener en cuenta para tal tarea, la mayoría de ellos coincidían: tendría que ser una creación que dialogara con la realidad del entorno y dejara su huella en él, facilitando que perdurara en el tiempo. Así, se rechazaron manifestaciones de carácter estrictamente efímero, no solo por la escasa implicación social en los diversos sectores locales que produciría, sino por la dificultad que supondría identificar el código y la funcionalidad de la obra resultante.

Teniendo esto en cuenta, no es de extrañar que si hicieran propuestas como la creación de una residencia de artistas o una nueva Casa de las Artes (recordando la tradición de los luthiers de guitarra y laúd en la historia de la ciudad), o la recopilación de un archivo sonoro de la región para acomodar a los cantos populares la historia de los aniversarios de la ciudad y de las narrativas íntimas de todas esas voces que nunca tuvieron la oportunidad de adherirse a la historia.

Incluso la idea de recuperar el camino del jardín de los frailes que, por un momento, nos hace pensar de nuevo en lo que es tan obvio que corremos el riesgo que se nos pase por alto: La agricultura y la cultura, como los mismos términos lo demuestran, están conectados entre sí. De ahí el deseo de los vecinos de que, sea lo que sea lo que resulte de este proceso, tenga una parte inacabada como algo en lo que participar y seguir creciendo como comunidad: "Algo cíclico, incluso, y para volver en peregrinación", para darle un uso que apele a la corresponsabilidad e intervención popular más que al debate —por naturaleza se diría irresoluble— sobre la utilidad del arte.

Con esto en mente llegamos a la última pregunta del día: ¿Qué necesitaríamos para mantener el trabajo? ¿Cómo se sostendría en el tiempo ese legado que queremos dejar y cómo se cuidaría? Sería tan deseable como necesario una absoluta no dependencia de la administración pública, así como "la capacidad del trabajo para resultar en la creación de puestos de trabajo". Si bien es cierto que en reuniones anteriores las posibilidades de desbordar el proyecto, su ramificación en otras acciones y manifestaciones impulsadas por la tendencia de la ilusión colaborativa fueron contempladas con optimismo, este sigue formulándose para que sea realista, hay que conocer los límites del proyecto, aunque solo sea para poder ampliarlos desde allí. 

Por eso seguimos invitando al encuentro, como fuerza productiva que es de pensamiento y celebración. Y también de las tensiones, esas tensiones tan puntuales: síntoma inequívoco de que algo se ha puesto en común.


Fotografías de Oscar Gorriz