×
Compartir
Reflexion 31.01.2020

Arredor da produción dun desexo colectivo

Relato da xornada do 24 de xaneiro.



Versión en castellano

Pode que todo este proceso que estamos a levar a cabo sexa o motor dunha máquina que produce desexo colectivo. Que, dalgún xeito, o grande reto deste proxecto non sexa outro que aprender a desexar en comunidade. Pero, cales mecanismos nos moven a desexar algo? E que precisamos para pasar do desexo persoal ao común? Esta máquina de producir desexos colectivos esixíanos unha xuntanza máis íntima, nun lugar no que as persoas participantes nos sentísemos coma na casa; un espazo coñecido e cómodo. Se temos unha vontade común, se podemos devecer por cousas semellantes para o noso entorno, entón precisábamos desa intimidade para facelas emerxer.

No viño do país, o lume aceso e unhas cuncas de viño agardaban ás trinta persoas que nos xuntamos para continuar co proceso participativo de encargar unha obra de arte para Betanzos, seguindo a estela do legado dos irmáns García Naveira. O viño do país, coa mesa posta e o cheminea prendida, semellaba darnos ese entorno familiar e repousado no que sentarnos a debullar nos anceios e tratar de poñerlles palabras. A premisa da xornada semellaba complicada. Tratábase de negociar o desexo, de comezar a perfilar ese encargo para pechar a primeira fase deste proxecto. E por iso tamén foi un entorno de celebración do final desta etapa e de comezo da seguinte: a escolla da artista e a materialización da encarga.

Pero, como se conecta co desexo? Que nos gustaría que acontecese en Betanzos, que materialice ese desexo persoal e tamén colectivo nunha obra de arte? O xogo proposto foi poñerse na pel da artista; utilizar as ferramentas que nos dá a arte para comezar a imaxinar esa obra e, en base ás propostas, comezar a afondar nelas, tendo en conta todos os criterios que foran saíndo nas sesións anteriores.
Laura Dopazo

Para iso, desfixemos a mesa –que xa estaba preparada para a cea– e dispuxémola para o debuxo. Mentres entraba xente a cear nas mesas a carón das nosas, nós comezamos a representar o desexo. E saíron cousas como... Debería ser algo perdurable no tempo e práctico; e tamén ten que ter algo de xogo, de descubrimento, apuntou unha participante. A obra debe ser un lugar onde pasar o tempo pero sen ser un lugar físico, engade outra persoa. Preguntámonos, que queda das obras cando sacamos a súa parte máis material? Entón fálase de arquivos sonoros, de cancións, de curtametraxes. Algo que, ademais, poida implicar un compromiso de continuidade, de que se siga producindo e que non quede na realización dunha soa obra rematada.Pensando en algo máis material, tomando como referencia o espazo do Pasatempo, a obra podería ser inmersiva ou interactiva, nunha confluencia do artificial coa natureza, indica outra das asistentes. Pero, e se facemos unha inmersión no desleixo?, engade outra voz.

E se canalizamos a rabia para crear unha instalación, ubicada en diversos lugares moi transitados, na que se poida escoitar e ver como se derruba o patrimonio betanceiro? Obrigaríamos á cidadanía a tropezar a cada paso co desleixo, encararíano permanentemente. E con esta proposta abriuse o debate, con opinións a favor e opinións en contra, porque algunhas das persoas participantes afirmaron que querían sentirse orgullosas de Betanzos, pero non defensivamente, senón dun xeito máis propositivo ou construtivo.E se se fai unha barca?, indica un pequeno grupo que traballou colectivamente. Unha barca amarrada na beira do río, cunha plataforma como embarcadoiro, un lugar que puidese funcionar como escenario, utilizable, no que acontezan cousas, como unha sorte de embarcadoiro público no que facer reunións, ou concertos...

Algo que beba moito da tradición, de xeito que o artista seleccionado poida colaborar con artesáns para aprender das maneiras de facer locais.Antigamente, nas vodas, os noivos poñían o sombreiro da regueifa, explica outra persoa. Poderíamos organizar un casamento, a modo de performance. Casar con Betanzos como unha maneira de comprometernos coa vila. ... Ou, precisamente diante da falta de compromiso, facer un mural denuncia, engade unha das últimas asistentes en participar nesta actividade.
Laura Dopazo

Pero quizais sexa moito máis interesante construír desde o que temos, dun xeito propositivo, e non só desde a queixa. Quizais sexa máis interesante cavilar sobre o patrimonio arredor deses dous eixos sobre os que xirou a xornada: o desexo e o común. Isto é, o patrimonio como desexo do común. E unha vez feita a posta en común... agora que? Pois agora coller folgos e continuar este diálogo coas partes, seguir fiando este relato e seleccionando a posibles artistas, porque o proceso participativo continuará con eles ou elas. Ien fin, facermos un pequeno descanso das sesións participativas para retomalas en maio, cando xa non faga falta poñerse ao carón do lume para non ter frío. E deste xeito, volvemos desfacer a mesa para, agora si, enchela coa cea común e coas xerras de viño. E que a celebración continúe, ao son que nos marcan as pandeireteiras e as coplas das Pesquedellas!

Fotografías de Oscar Gorriz

Versión en castellano

Informe del día 24 de enero.

Puede ser que todo este proceso que estamos llevando a cabo sea el motor de una máquina que produce el deseo colectivo. Que, de alguna manera, el gran desafío de este proyecto no sea otro que aprender a desear en comunidad. Pero, ¿qué mecanismos nos mueven a desear algo? ¿Y qué necesitamos para pasar del deseo personal al común? Esta máquina de producir deseos colectivos nos exigía un encuentro más íntimo, en un lugar donde los participantes se sintieran como en casa, un espacio familiar y confortable. Si tenemos una voluntad común, si podemos desviarnos por cosas similares a nuestro entorno entonces necesitamos esa intimidad para hacerlas emerger.

En el vino del país, el fuego y unas copas de vino esperaban a una treintena de personas que se unieron para continuar la definición conjunta del encargo de una obra de arte para Betanzos, siguiendo los pasos del legado de los hermanos García Naveira. El vino del país, con la mesa puesta y la chimenea encendida, parecía darnos ese ambiente familiar y relajado en el que sentarnos a reflexionar y aterrizar nuestro encargo en palabras. La premisa del día parecía complicada, era cuestión de negociar el deseo, de empezar a perfilar ese orden para cerrar la primera fase de este proyecto. También fue un ambiente de celebración del final de esta etapa y el comienzo de la siguiente: la elección del artista y la materialización del encargo.

Pero, ¿qué nos gustaría que ocurriera en Betanzos, para materializar ese deseo personal y colectivo en una obra de arte? La obra propuesta era ponerse en la piel del artista; utilizar las herramientas que nos da el arte para empezar a imaginar esa obra y, a partir de las propuestas, empezar a ahondar en ellas, teniendo en cuenta todos los criterios que habían ido saliendo en las sesiones anteriores.

Para hacer esto, preparamos la mesa, que ya estaba lista para la cena, y empezamos a dibujar. A medida que la gente entraba, comenzamos a representar el deseo. Y algunas de las cosas que salieron fueron: “Debería ser algo duradero en el tiempo y práctico”; o “hay que jugar, descubrir algo”, señaló otro participante. ”La obra debe ser un lugar para pasar el tiempo, pero sin ser un lugar físico”, agregaba otra persona. Nos preguntamos, ¿qué queda de las obras cuando sacamos su parte más material? Luego se habla de archivos de sonido, canciones, cortometrajes. Algo que, además, puede implicar un compromiso de continuidad, que no se reduzca solo a una obra de arte. En una confluencia de lo artificial con la naturaleza, señala otro de los asistentes. Pero, “¿y si nos sumergimos en el descuido?”, agrega otra voz.

¿Y si canalizamos la rabia para crear una instalación, ubicada en varios lugares concurridos, donde se puede escuchar y ver cómo se derrumba el patrimonio de Betanzos? Obligaríamos a la ciudadanía a tropezar con el descuido de su patrimonio a cada paso que dan, lo afrontarían permanentemente. Y con esta propuesta se abrió el debate, con opiniones a favor y en contra, porque algunos de los participantes manifestaron que “querían estar orgullosos de Betanzos, pero no a la defensiva, sino de forma más proactiva o constructiva”. Un barco amarrado a la orilla del río, con una plataforma a modo de muelle, un lugar que podría funcionar como escenario, utilizable, en el que suceden cosas, como una especie de muelle público en el que celebrar reuniones, conciertos... Algo que beba mucho de la tradición, para que el artista seleccionado pueda colaborar con los artesanos para conocer formas de hacer lugares. "En el pasado, en las bodas, los novios usaban el sombrero de regueifa", explica otra persona. Podríamos organizar una boda, como una actuación, casarnos con Betanzos como forma de relacionarse con el pueblo... O, "precisamente, ante la falta de compromiso, hacer un mural de denuncia", añade uno de los últimos asistentes en participar en esta actividad.

Pero quizás sea mucho más interesante construir a partir de lo que tenemos, de forma proactiva, no solo a partir de la denuncia. Quizás sea más interesante reflexionar sobre la herencia en torno a esos dos ejes sobre los que giró el viaje: el deseo y el común. Es decir, la herencia como deseo de lo común. Y una vez que estos acuerdos en común estén listos... ¿qué? Pues continuará este diálogo con las partes, confiando en esta historia y seleccionando artistas potenciales, porque el proceso participativo continuará con ellos. 

De todos modos, haremos un pequeño descanso de las sesiones participativas para retomarlas en mayo, cuando ya no sea necesario estar junto al fuego para no pasar frío. Y así, volveremos a deshacer la mesa para, ahora sí, llenarla con la cena común y las jarras de vino. Que la celebración continúe.

Consulta la galería de fotos completa del evento aquí.