×
Copy Url
Evento 15.01.2020

O 24 de xaneiro xornada participativa e foliada

Seguimos explorando o desexo coletivo

Where? VIÑO DO PAIS NUM 89
Address BETANZOS
When? 24.01.2020

Continúamos explorando o desexo colectivo que hai para crear unha obra de arte contemporánea en Betanzos, e nesta ocasión facémolo nun Viño do Pais, o situado na rúa Mandeo, núm 89 (pouco antes das curvas do Mandeo, camiño a Paderne), será o venres 24 de xaneiro e comezaremos a sesión de traballo grupal ás 19h para logo as 21h facer un viño do Pais entre todas as persoas que nos acompañedes.


Con este novo encontro, xa a cuarta sesión pública, queremos seguir negociando o desexo, continuar pensando entre toda a veciñanza de que nos gustaría que falase a obra de arte que se desenvolverá ao longo deste ano en Betanzos. Ao longo das anteriores sesións foron emerxendo ideas, mais queremos seguir profundando nestas, á vez que imos situando os próximos pasos, nun proceso experimental e pioneiro que imos creando entre todas, á medida que imos camiñando esta aventura na que nos embacamos.


Con esta xornada, coa que de novo contaremos coa facilitación da Coop. Rexenerando, pechamos unha fase do proxecto, a da decisión colectiva do encargo ao artista, tras este encontro xuntaremonos de novo no mes de abril xa coa encarga elaborada e a(s) artista(s) seleccionadas. Co obxectivo de celebrar este avance é polo que nos gustaría celebralo nun viño do pais, probablemente dos espazos mais singulares e comunitarios de Betanzos. E facémolo ao grande coa presenza da Cabezuda Divine e das pandereteiras Pesquedellas. Ah! e como sempre non te esquezas de traer comida e compartimola entre todos.


O proxecto desenvolvese no marco de Concomitentes (www.concomitentes.org) e conta co impulso das Asociación Amigas del Parque del Pasatiempo, ACLP Roxin Roxal e a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, a colaboración do Concello de Betanzos e o apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso.


CARTEL (deseñado por Milicia Gráfica):