×
Compartir
Evento 07.11.2019

Xornada Camiñada o 16 de novembro como práctica do encontro

Continuamos pensando entre todas as persoas cal sería o desexo cidadá.

¿Dónde? atrio da igrexa de Santo Domingo
Dirección Betanzos
¿Cuándo? 16.11.2019
Horario 11:00

Versión al castellano

Camiñar é unha práctica cotía, ao igual que conversar, de aí a potencia de misturar ambas prácticas, co obxectivo de crear unha metodoloxía que nos permita continuar abrindo convites ao diálogo. O proxecto participativo que estamos desenvolvendo en Betanzos procura abrir novos espazos para o encontro que nos permitan por un lado pensar cal é o desexo colectivo para encargar unha obra de arte e por outro lado tecer comunidade.
O vindeiro sábado 16 de novembro convidamos a cidadanía a participar nunha xornada camiñada que comezará ás 11h. no atrio da igrexa de Santo Domingo, ao carón dos cines Alfonseti, no Campo (praza irmáns García Naveira). A xornada rematará ás 14h no mesmo lugar e contaremos co apoio do equipo de facilitación da cooperativa Rexenerando, quen nos axudarán a xerar un espazo cómodo e amigable para lograr unha conversa colectiva.

En grupos de cinco persoas iremos camiñando pola cidade, mentres respostamos a unha serie de preguntas coas que iremos decatando ese desexo cidadá. A primeira parada terá lugar no lavadoiro das Cascas, outro dos exemplos do legado dos irmáns García Naveira, e quizais o máis revolucionario, en canto ao que supuxo para moitas das mulleres betanceiras. Alí esperaranos a filóloga, poeta e narradora, Emma Pedreira (A Coruña, 1978), quen ven de recibir o XI Premio Jules Verne de Literatura Juvenil coa súa obra 'Os corpos invisibles”. A tamén, dúas veces, gañadora do prestixioso premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, fará un recital de poesía e comentaranos un novo proxecto ao redor dos irmáns García Naveira.

Continuaremos a deriva dialogada pola cidade, camiño ao parque, onde na zona nova do mesmo, nos recibirá o profesor Jose María Cardesín, quen forma parte do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Con el abordaremos as memorias dos emigrantes, da cosmovisión que rodea ao parque e dun espazo que alén de ser recreativo foi tamén un lugar ao se desplazarían moito alumnado de escolas co obxectivo de ampliar a súa ensinanza.
Fran Quiroga, mediador de Legado Cuidado

Esta xornada que rematá de novo no Campo, nun día de Feira é unha das catro xornadas abertas coas que iremos pensando ese encargo colectivo que lle faremos a un artista co obxectivo de que se poida producir unha obra de arte ao longo dos próximos anos. O proxecto desenvolvese no marco de Concomitentes (www.concomitentes.org) e conta co impulso das Asociación Amigas del Parque del Pasatiempo, ACLP Roxin Roxal e a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, a colaboración do Concello de Betanzos e o apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso.

Versión al castellano

Seguimos pensando entre todas las personas cuál sería el deseo ciudadano.

Caminar es una práctica cotidiana, al igual que la conversación, de ahí el poder de mezclar ambas prácticas con el objetivo de crear una metodología que nos permita seguir abriendo invitaciones al diálogo. 

El proyecto participativo que estamos desarrollando en Betanzos busca abrir nuevos espacios para el encuentro que nos permitan, por un lado, pensar cuál es el deseo colectivo para encargar una obra de arte y, por otro, tejer comunidad.

El próximo sábado 16 de noviembre invitamos al público a participar en una jornada de caminata que comenzará a las 11 hrs en el atrio de la iglesia de Santo Domingo, junto a los cines Alfonseti (Plaza de los hermanos García Naveira). La jornada finalizará a las 14hrs en el mismo lugar y contaremos con el apoyo del equipo facilitador de la cooperativa Regenerando, quienes nos ayudarán a generar un espacio cómodo y amigable para lograr una conversación colectiva.

En grupos de cinco personas caminaremos por la ciudad mientras contestamos a una serie de preguntas con las que iremos perfilando ese deseo ciudadano. La primera parada tendrá lugar en el lavadero de As Cascas, otra muestra del legado de los hermanos García Naveira y quizás la más revolucionaria por lo que ha significado para muchas de las mujeres de Betanzos. Allí nos espera la filóloga, poeta y narradora Emma Pedreira (A Coruña, 1978), que acaba de recibir el XI Premio Julio Verne de Literatura Juvenil por su obra ‘Los Cuerpos Invisibles’. Ganadora en dos ocasiones del prestigioso Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, ofrecerá un recital de poesía y comentará un nuevo proyecto en torno a los hermanos García Naveira.

Continuaremos el diálogo a la deriva por la ciudad, camino al parque donde seremos recibidos por el profesor José María Cardesín, quien forma parte del Grupo de Estudios Territoriales de la Universidad de A Coruña. Con él abordaremos la memoria de los emigrantes, la cosmovisión que envuelve el parque y un espacio que, además de ser lúdico, era donde muchos estudiantes se trasladaban desde sus escuelas para ampliar su aprendizaje.

Esta jornada es una de las cuatro jornadas de puertas abiertas con las que estaremos pensando en ese encargo colectivo que le haremos a un artista, para producir una obra de arte. El proyecto se desarrolla en el marco de Concomitentes y cuenta con el impulso de la Asociación Amigas del Parque del Pasatiempo, ACLP Roxin Roxal y la Asociación Amigos del Casco Histórico de Betanzos, la colaboración del Ayuntamiento de Betanzos, y el apoyo de la Fundación Daniel y Nina Carasso.