Save the date: Encontro europeo 'Arte como espazo de encontro' e 'Roteiro Comunal'

As dúas xornadas (25 e 26 de maio) buscan profundar no papel da arte como xeradora de espazos de encontro, e analizar o rol da sociedade na autoxestión do territorio.
¿Dónde? | Zona C, (Santiago de Compostela) e Monte Couso (Gondomar, Pontevedra) |
---|---|
¿Cuándo? | 25.05.2023 |
Horario | A partir das 17.00hrs |
Protagonistas | Carme Nogueira, Amanda Crabtree, Thérèse Legierse e Fran Quiroga; Xosé Antón Araujo, Natalia Balseiro e Benito Burgos. |
****INSCRÍBETE AQUÍ EN AMBAS AS DÚAS ACTIVIDADES****
O proxecto europeo ‘Art Living Lab for Sustainability’ —impulsado por Concomitentes, De Nieuwe Opdrachtgevers, a Société des Nouveaux Commanditaires e a Universidade de Santiago de Compostela— realizan a primeira das súas xornadas públicas en Santiago de Compostela e en Couso (Gondomar, Pontevedra).
Na primeira das xornadas, a do xoves 25 de maio, reflexionarase sobre o papel da arte como produtora de “obxectos”, pero tamén como xeradora de lugares de encontro. Ao longo desta sesión aspírase a debater sobre o papel da arte e o seu compromiso co medio ambiente, subliñando a necesidade de voltar tecer un encontro sociedade-territorio. Ademais de este obxectivo, que constitúe un dos xerais do proxecto europeo, nesta sesión búscase reflexionar sobre como a arte fortalece os mecanismos para que as comunidades poidan autoxestionar o seu territorio. Xa ao seguinte día, o venres 26 de maio, visitarase o Monte Veciñal de Couso, autoxestionado polos veciños e propietarios do territorio, onde se está a desenvolver o proceso participativo artístico vencellado co proxecto europeo Tierra Común’.
O proxecto ‘Art Living Lab for Sustainability’, —financiado pola Comisión Europea e liderado por Concomitentes— ten como reto atender a tres mecanismos de xestión comunitaria: a do monte con ‘Tierra Común’ (Monte Veciñal de Couso, Galicia, España); a da arxila con ‘Clay Commons’ (Boom, Flandes, Bélxica); e a da auga con ‘Water Commons’ (Parque Natural Rexional do Alto Jura, Francia).
Nestes tres territorios desenvólvense procesos participativos a través dunha metodoloxía baseada na mediación (Living Labs), coa que se traballa na rede de proxectos Nouveaux Commanditaires. Estes tres procesos participativos culminarán coa definición dun encargo artístico cidadá que inspirará a labor dun o dunha artista para responder, a través dunha proposta artística baseada na natureza, aos retos ambientais identificados nestas tres contornas.

A axenda das dúas xornadas
A xornada do 25 de maio arrancará cun encontro público titulado ‘El Arte como espacio de encuentro’ en Santiago de Compostela, na Zona C, Rúa Preguntoiro 1 ás 17.00 hrs, unha conversa aberta coa artista do proxecto de Concomitentes, Legado Coidado, Carme Nogueira; Amanda Crabtree, experta en formación de mediación e coordinadora da La Société des Nouveaux Commanditaires; Thérèse Legierse, curator de arte e coordinadora de De Nieuwe Opdrachtgevers; e Fran Quiroga, investigador transdisciplinar e coordinador de Concomitentes. As persoas relatoras profundarán sobre o poder da arte para xerar lugares de encontro que faciliten axencia cidadá, subliñando o impacto alén da produción dunha obra artística.
**As charlas combinarán galego e inglés**
O 26 de maio ás 17.00hrs, terá lugar a 'Ruta Comunal' polo Monte Veciñal de Couso, sede do proxecto europeo en España, ‘Tierra Común’, mediado por Natalia Balseiro. Durante o percorrido, diferentes expertos compartirán detalles sobre a historia e a xestión comunitaria do monte veciñal en Galicia (aproximadamente un 25% do territorio galego está autoxestionado polas súas comunidades). Participarán Xosé Antón Araujo, presidente da comunidade de Montes de Couso; Natalia Balseiro, e David Soto, profesor da Universidade de Santiago de Compostela.
Ao finalizar o roteiro, ás 19 horas, na zona de baño do monte, terá lugar a conversa con Benito Burgos, Subdirector Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas do Ministerio de Cultura e Deporte de España e coordinador do programa Cultura e Ruralidades, sobre a necesidade de diversificar a oferta cultural en áreas rurais. Tras un picnic comunitario, o encontro finalizará coa actuación da performer Petra Porter, para despois culminar a intensa xornada coa Charanga Vai de Baile.
Tanto a charla como o paseo serán en inglés e galego y contará con tradución consecutiva

Metodoloxía común, procesos compartidos
Tras anos pondo en práctica a metodoloxía de Nouveaux Commanditaires en distintos países europeos, a través dun proceso de mediación que incorpora á sociedade civil en procesos de creación de arte contemporánea que responden a problemáticas sociais, tres dos seus principais axentes impulsores —Concomitentes, De Nieuwe Opdrachtgevers, La Société des Nouveaux Commanditaires— uníronse para desenvolver un proxecto conxunto que incorpora estes coñecementos adquiridos na práctica de proxectos culturais participativos, pero aplicados ao ámbito da sustentabilidade. A arte únenos e axuda á sociedade civil a por en relevo os problemas que impactan no seu territorio, reflexionando sobre os mesmos pero, sobre todo, conectando con posibles formas de atallalos a través dos recursos que achegan a cultura e a arte.
Art Living Lab for Sustainability é un proxecto financiado polo programa Europa Creativa da Unión Europea, coordinado por Concomitentes e desenvolto xunto con De Nieuwe Opdrachtgevers, a Société des Nouveaux Commanditaires e a Universidade de Santiago de Compostela, o Monte Veciñal en Man Común de Couso (Galicia, España), Flemish Land Society (Bélxica) y a Fundación Daniel y Nina Carasso (España, Francia), e ten unha duración de dous anos.
Más información na páxina web do proxecto europeo: www.artlivinglab.eu.